Subv. para a mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración (2022)

DOG 9 (13/01/23) Bases y Conv – Axencia Turismo Galicia (981.54.63.63) – C. Competitiva – Resolven en 5 meses – Orzamento 2.700.000 Hoteles – 800.000 Restauración – Present. Electrónica – Fin Presentación: 13/02/23 – Máx Axuda 60% ou 60.000 € – Para PEMES > 5 anos co establecemento – Execución desde 01/01/23 ata 31/10/23

ACTUACIONES SUBVENCIONABLES ( que se inicien a partir 01/01/23)

  1. Mellora das condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  4. Actuacións de renovación e modernización das instal. e embelecemento do contorno.
  5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético e instal. / mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
  8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

REQUISITOS DAS ACTUACIONES

  • Que se inicien a partir do 01/01/23
  • Que o investimento sexa de ata 100.000 €

GASTOS SUBVENCIONABLES (>18.000 e se requiere 3 ofertas)

  • Servizos profesionais vinculados ao proxecto, como honorarios técnicos de redacción do
    proxecto e de dirección de obra. (máx 6% investimento)
  • Bens de equipamento, comprendidos no proxecto, que deben ser empregados mediante
    instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra.

NON serán gastos Subvencionables

  • Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
  • Gastos correntes da empresa, así como enxoval de cociña e comedor (vaixela, xogo de cubertos, cristalaría, …).
  • Obras de mantemento do establecemento, (que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura, arranxos de carpintaría…).
  • Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
  • Gastos de conectividade.
  • Activos adquiridos mediante leasing ou renting.
  • Gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións ou o IVE

BENEFICIARIOS

1. Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues/Apartamentos turísticos
2. Restaurantes (No cafeterías – Grupo I)

  • PEMES cun establecemento integrado no REAT
  • Antiguedade do establecemento non inferior a 5 anos na data de solicitude da axuda. Ad- mitiranse as modificacións de titularidade por sucesión familiar ata o cuarto grado incluído de consanguinidade ou afinidade durante o dito período.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

  1. Antigüidade.
    – 5 a 8 anos: 10 puntos. – 9 a 11 anos: 12 puntos. – Superior a 12 anos: 18 puntos.
  2. Grao de investimento:
    Valorarase o investimento que se realice polo dito concepto en relación coa superficie útil do establecemento. A puntuación máxima será de 15 puntos, que se lle concederá ao establecemento que realice un maior investimento en función da superficie útil do establecemento. O resto da puntuación asignarase proporcionalmente
  3. Impacto no emprego.
    Favorecerase o mantemento e a creación do emprego da empresa ou entidade solicitante.
    Consolidación do emprego: 5 puntos. / Aumento do emprego: 10 puntos.
  4. Tamaño da entidade ou empresa.
    Favoreceranse proxectos presentados por empresas ou entidades de menor tamaño.
    Entre 11 e 49 traballadores: 10 puntos. / Entre 1 e 10 traballadores : 15 puntos.
  5. Que a empresa teña algún certificado de calidade para o sector turístico: 16 puntos.
  6. Que a empresa teña algunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida: 16 puntos.
  7. Que a empresa ou entidade teña implantado plan de formación/plan de igualdade: 10 puntos.

DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN

  • Anexo II: modelo de solicitude normalizado.
  • Documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro dereito que autorice a realización do investimento solicitado.
  • Documentación acreditativa de representatividade suficiente para actuar en nome da empresa, no caso de que este non coincida co que figura no REAT.
  • Memoria explicativa, na cal se defina o investimento, que especificará de xeito pormenorizado as actuacións que se van desenvolver e que, de ser o caso, comprenderá:
    – Planos de localización do investimento
    – Relación, con indicación de calidades, dos materiais e acabamentos propostos.
    – Relación detallada dos mobles e equipamentos, con indicación das calidades, localización e número
    que se van instalar.
    – Reportaxe fotográfica do inmoble, exteriores, interiores e da contorna.
  • Orzamento do investimento desagregado por partidas, no cal se especificará o importe da execución material, así como o custo da redacción do proxecto e da dirección de obra e todo o equipamento proposto.
  • Memoria explicativa sobre o cumprimento dos criterios de valoración. Acreditarase toda a documentación dispoñible que se poida ter en consideración para valorar a solicitude, segundo os criterios de valoración sinalados no artigo 13.
  • Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos
    que figuren na solicitude.

Solicita máis
información sen compromiso!

Poñerémonos en contacto contigo para ofrecerche unha solución personalizada para o teu proxecto.
Scroll ao inicio
C2A Subvenciones y ayudas públicas
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.